MUFACE: Asturias estrea a receita electrónica concertada

05/04/2022

Desde o 4 de abril, está activa a receita electrónica para as 34.536 persoas mutualistas residentes en Asturias acollidas á opción concertada. O Principado súmase a Cantabria na implantanción deste sistema que se irá estendendo ao resto de comunidades autónomas.

O desenvolvemento e posta en marcha deste proxecto de receita electrónica de MUFACE, é froito do traballo conxunto de MUFACE, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos (CGCOF) e o Colexio oficial de Farmacéuticos de Asturias.

Asturias súmase deste xeito a Cantabria na incorporación da receita electrónica concertada. Desde o seu inicio en maio de 2020, na esta comunidade realizáronse un total de 297.003 prescricións a mutualistas de MUFACE que optaron pola asistencia sanitaria concertada. Polo que respecta ao colectivo mutualista acollido á opción pública, cabe lembrar que se atopa activa en todas as comunidades autónomas, salvo en Ceuta e Melilla, e é interoperable en 15 comunidades autónomas, beneficiándose dela un total de 383.328 mutualistas.

Está previsto que en breve se anuncie como e onde se vai a ir estendendo a receita electrónica concertada de MUFACE, ata terminar sendo unha realidade no resto de comunidades autónomas

Ligazón a noticia completa