O Consello de Ministros aproba unha declaración institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres

08/03/2022

O Consello de Ministros na súa reunión do 8 de marzo de 2022 adoptou unha declaración institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Con esta declaración institucional, o Goberno de España mostra o seu firme compromiso coa promoción e protección dos dereitos das mulleres e nenas, a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coas políticas públicas que resolvan as desigualdades materiais, simbólicas e de valor que enfrontan as mulleres.

Accede á declaración institucional nesta ligazón