Novo avance no dereito a prestacións do SNS; Igualdade na reprodución humana asistida

22/11/2021

Desde o pasado 10 de novembro, as mulleres sen parella, lesbianas e persoas transexuais que conserven a capacidade de xestar xa poden acceder á reprodución humana asistida en pé de igualdade en calquera comunidade autónoma e sen que supoña unha obxección a súa condición de mutualistas, xa sexan de opción pública ou concertada.

Así o contempla a nova Orde SND/1215/2021, do 5 de novembro, que vén substituír á que ata agora debía cumprir MUFACE -a SSI/2065/2014, do 31 de outubro- cuxo criterios estaban orientados a aplicar as estas técnicas con fin terapéutico a persoas con trastornos da fertilidade ou a tratamentos en situacións especiais, ou con fin preventivo para previr a transmisión de enfermidades graves. A obrigada aplicación da norma determinaba que non tivesen acceso ás técnicas de reprodución humana asistida algúns colectivos, como é o caso das mulleres sen parella ou as lesbianas, ou as persoas transexuais que conservan a capacidade de xestar.

A sociedade civil e científica veu reivindicando de forma activa a extensión deste dereito, de modo que nalgúns casos as comunidades autónomas que quixeron paliar as repercusións desta exclusión foran facilitando as mencionadas técnicas a estes colectivos como prestación complementaria. Con todo, MUFACE seguía vinculada á normativa xeral do Ministerio de Sanidade; é dicir, aos criterios básicos e xerais da carteira de servizos do SNS.

Máis información aquí