O pasado 17 de setembro difundiuse o boletín sobre actualidade de función pública correspondente ao mes de xullo e agosto de 2021.
A noticia máis destacada neste número foi a publicación do nomeamento da nova Secretaria de Estado de Función Pública. Tras a reestruturación dos departamentos ministeriais e a creación do Ministerio de Facenda e Función Pública, o Consello de Ministros do 27 de xullo de 2021 aprobou o nomeamento de Lidia Sánchez Milán á fronte da nova Secretaría de Estado de Función Pública.
Outro tema salientable foi a aprobación do Goberno dunha Oferta de Emprego Público histórica para 2021, cun total de 23.491 prazas.
Así mesmo, publicouse a Resolución da Secretaria de Estado de Función Pública sobre revisión das medidas fronte á COVID-19 a adoptar na Administración Xeral do Estado ante a evolución da crise sanitaria e avance da vacinación.
Doutra banda, infórmase da convocatoria dos procesos selectivos para o acceso como persoal laboral da Administración Xeral do Estado no ámbito do IV Convenio Único.
Xunto a iso, incluíronse actuacións relevantes no ámbito da Dirección Xeral da Función Pública, Dirección Xeral de Gobernación Pública, MUFACE, INAP e no ámbito internacional.
O último número da newsletter pode consultarse aquí