O Plan de Formación en Goberno Aberto do INAP 2021-2024 responde os compromisos do IV Plan de Acción de Goberno Aberto de España. Persegue capacitar ao persoal das Administracións públicas nas bases conceptuais, valores, ferramentas e estratexias do goberno aberto; reforzar actitudes baseadas na integridade, a transparencia, a rendición de contas, a participación e a colaboración; así como xerar redes que faciliten a aprendizaxe e a xestión do coñecemento sobre o goberno aberto de maneira que se xere un efecto multiplicador.
Estrutúrase en catro eixos:
1. Transparencia e rendición de contas
2. Participación
3. Integridade
4. Medidas facilitadoras
Para a súa elaboración, o INAP realizou unha análise de necesidades, que inclúe un balance crítico do seu I Plan de Formación en Goberno Aberto, unha revisión dos informes do Mecanismo de Revisión Independente (IRM), o estudo detallado do propio IV Plan de Acción e doutros documentos de referencia sobre goberno aberto, e o diálogo coa Dirección Xeral de Gobernación Pública, cos axentes presentes no Grupo de Traballo de Formación do Foro de Goberno Aberto e con varias unidades de formación