No Boletín Oficial do Estado de hoxe 30 de xuño publicouse a Resolución do 24 de xuño de 2021, pola que nomean funcionarios de carreira do Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira, Navegación e Propulsión.
Trátase dun corpo da Administración Xeral do Estado adscrito ao Ministerio de Economía, á Axencia Tributaria, cuxa de actividade está centrada na Xestión dos medios aeronavais e terrestres do Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Para participar no proceso selectivo os aspirantes han de ter o título Licenciado en Náutica e Transporte Marítimo ou Master ou Licenciado en Maquinas Navais ou Master.
O proceso selectivo consistirá en 5 Exercicios, o primeiro consistirá, para todas as Especialidades, na contestación por escrito dun cuestionario de 20 preguntas sobre Dereito da Unión Europea e Constitucional, a Organización do Estado e da Administración Pública; Dereito Administrativo e Dereito Financeiro e Tributario.
O segundo exercicio consistirá na resolución por escrito dun suposto práctico profesional, segundo a especialidade.
O terceiro exercicio constará de dúas partes, sendo cada unha delas eliminatorias. A primeira parte será, para todas as Especialidades, na tradución directa por escrito ao castelán, sen axuda de dicionario, dun texto en inglés, francés ou alemán e a segunda consistirá na contestación por escrito de 15 preguntas, sobre as materias relacionadas con cada especialidade.
O cuarto exercicio consiste nun suposto práctico e por último o quinto exercicio será unha exposición oral, de tres temas extraídos ao azar, un de cada un dos bloques de materias segundo as especialidades.
Os aspirantes que superen as probas das fases de oposición deberán superar un curso selectivo dunha duración máxima de cinco meses lectivos, no Instituto de Estudos Fiscais.