Xa están convocadas as Axudas Asistenciais de MUFACE para o presente exercicio, tal como figura na Resolución do 8 de xuño de 2021 da Dirección Xeral da Mutualidade (Boletín Oficial do Estado do 14 de xuño de 2021) . Trátase de axudas destinadas a atender situacións de necesidade que non estean cubertas por outras prestacións, sempre que se careza dos recursos indispensables para facer fronte ás mesmas.
O prazo para poder formular solicitudes iníciase o 15 de xuño e acaba o 15 de setembro e o prazo para que a Mutualidade resolva as solicitudes finaliza o 15 de decembro de 2021.
MUFACE aconsella tramitar as solicitudes a través da súa Sede Electrónica (ligazón), con Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico.
Todos os detalles da prestación están na web de MUFACE, nas apartado “Axudas asistenciais" e en "Axudas para o copagamento farmacéutico”.
En caso de dúbida, poden realizarse consultas no formulario web de Atención ao Mutualista.