O Ministerio de Política Territorial e Función Pública, xunto á Representación Permanente de España ante a OCDE, fixo realidade a adhesión de España á "Declaración sobre Innovación no Sector Público" instrumento que ten como finalidade fomentar a innovación e a súa xestión no sector público. Ademais, servirá de panca na mellora das nosas administracións públicas e un estímulo para as súas empregadas e empregados públicos.
O obxectivo da Declaración é lexitimar a innovación como obxectivo central e estratéxico das organizacións do sector público, así como o seu uso no traballo cotián dos servidores públicos, entendendo innovación como a implementación de algo novo para lograr un impacto.
O Ministerio de Política Territorial e Función Pública, como responsable de fomentar a innovación no Marco dos Programas para a Mellora da Calidade das administracións públicas, a través da Dirección Xeral de Gobernación Pública, acolle os compromisos fixados nesta declaración e a toma como elemento de referencia nos seus plans para relanzar e transformar a Administración pública, co obxectivo de ofrecer o mellor servizo á cidadanía.