No Boletín Oficial do Estado de hoxe 4 de maio publicouse a Resolución do 26 de abril de 2021, pola que nomean funcionarios de carreira do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.
Trátase dun corpo especial da Administración Xeral do Estado adscrito ao Ministerio de Cultura e deporte do Grupo A1. As funcións dos arquiveiros teñen unha dobre dimensión: por unha banda conservar, protexer e difundir o noso patrimonio documental e doutra banda, a súa actividade á fronte dos arquivos administrativos facilita a xestión administrativa, converténdose na ferramenta indispensable para garantir o exercicio do acceso á información e favorecendo a transparencia das organizacións.
As funcións dos Conservadores de Museos son as relacionadas coa adquisición, conservación, documentación, investigación, exhibición e difusión das coleccións, ademais das relacionadas coa institución en canto á xestión e planificación.
Para participar no proceso selectivo, os aspirantes han de ter o título de Grao, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto.
Conforme á última convocatoria, o proceso selectivo tanto para a sección de “arquivos” como para a sección de “bibliotecas” consistirá en catro exercicios, sendo diferentes a estrutura dos mesmos. Máis información aquí.
Posteriormente, os aspirantes que superen o proceso realizarán un curso selectivo será organizado pola Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura e terá como finalidade primordial a adquisición de coñecementos e habilidades en orde á preparación específica dos aspirantes para o exercicio das funcións propias do Corpo convocado.