No Boletín Oficial do Estado de hoxe 11 de maio publicouse a Resolución do 6 de maio de 2021, pola que nomean funcionarios de carreira do Corpo Superior de Enxeñeiros de montes da Facenda Pública.
Trátase dun corpo da Administración Xeral do Estado adscrito ao Ministerio de Facenda, Dirección Xeral do Catastro, do Grupo A1, cuxa de actividade está centrada nas Xerencias Rexionais e Territoriais do Catastro, distribuídas por todo o territorio nacional, a excepción de País Vasco e Navarra, así como nas dependencias dos Servizos Xerais da Dirección Xeral do Catastro.
No entanto, os Enxeñeiros de montes da Facenda Pública poden desempeñar funcións noutros sectores como os relativos á Política Forestal do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, servizos das CCAA sobre materias de Forestais ou de Desenvolvemento Rural ou mesmo en Concellos.
Para participar no proceso selectivo os aspirantes han de ter o título Enxeñaría de montes ou o título que habilite para o exercicio desta profesión regulada, segundo establecen as directivas comunitarias.
O proceso selectivo consistirá en 4 exercicios cun total 149 temas: o primeiro consta de dúas partes, unha primeira dun cuestionario de 12 preguntas e a segunda dunha tradución directa por escrito e sen dicionario. O Segundo exercicio é un cuestionario de 12 preguntas, o terceiro é unha resolución de supostos prácticos e o cuarto e último é oral e consistirá na exposición de 4 temas extraídos ao azar polo opositor.
Todos os aspirantes que superen a fase de oposición realizarán un curso selectivo na Escola da Facenda Pública do Instituto de Estudos Fiscais, que deberán superar con aproveitamento.