Encontro en liña “Goberno Aberto, Innovación Pública e Colaboración Cidadá”

15/04/2021

Este encontro, que terá lugar do 26 ao 29 de abril de 2021 en liña en aberto, versa sobre temas de relevancia actual para as administracións españolas dirixidas a un público variado predominantemente de funcionarios e empregados públicos, pero tamén académicos interesados no tema e público en xeral.

A reflexión e acción sobre “Goberno Aberto, Innovación Pública e Colaboración Cidadá” é dunha enorme actualidade e relevancia dentro do noso contexto político e administrativo. A recente aprobación do IV Plan de Acción de Goberno Aberto de España, así como numerosas actuacións e proxectos postos en marcha dentro de diferentes niveis administrativos, recomendan unha aproximación a tales iniciativas, unha reflexión e avaliación do seu alcance e resultados, así como da súa evolución posible no futuro.

Neste encontro participará persoal directivo da Administración Xeral do Estado; representantes da Dirección Xeral de Gobernación e doutras administracións públicas españolas, así como relatoras do mundo académico e organizacións da sociedade civil a nivel nacional e internacional.

Consulta o programa aquí