Presentación do informe sobre “Potencialidades da industria aeronáutica para a inclusión laboral das persoas con discapacidade”

03/03/2021

No día de onte presentouse na sede do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana o libro titulado “Potencialidades da industria aeronáutica para a inclusión laboral das persoas con discapacidade” con participación de Enaire, xestor nacional de navegación aérea e CERMI. (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade)

Trátase do primeiro estudo destas características levado a cabo en España e ten como obxectivo favorecer a concienciación e visibilidade de oportunidades para que todos os axentes implicados poidan colaborar en garantir a inclusión social, incrementando as oportunidades de acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade. Ademais, o estudo sinala as vías para que a industria aeronáutica sexa máis diversa e rica asumindo a dimensión inclusiva das persoas con discapacidade.

O informe ten a súa base no convenio subscrito o 11 de xaneiro de 2021, entre ENAIRE, co Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, a Fundación ONCE, a Federación Empresarial Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego e Insere Emprego, para o desenvolvemento conxunto e compartido de accións dirixidas a fomentar o coñecemento da discapacidade, a inclusión de persoas con discapacidade no emprego público e a mellora das accións formativas en orde á concienciación dos empregados públicos sobre discapacidade, en concreto, no sector aeronáutico.

Accede ao estudo ENAIRE-ACCESIBLE.pdf