A Orde TFP/153/2021, do 16 de febreiro, pola que se regula a valoración dos méritos xerais de persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional (BOE 47, do 24 de febreiro de 2021) supón o desenvolvemento do Real Decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, derrogando a Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, que ata agora estaba transitoriamente vixente.
Con esta Orde finalízase a actualización do marco xurídico deste persoal, iniciada coa Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, co obxectivo de garantir a profesionalidade e a eficacia no desempeño das funcións reservadas, que son obrigatorias e necesarias en todas as entidades locais.
Actualiza a baremación dos méritos xerais, de preceptiva valoración nos concursos e no acceso a categoría superior dentro da mesma subescala, así como os requisitos para a súa acreditación.
La acreditación e inscripción de los méritos generales se efectuará por la Dirección General de la Función Pública, bien de oficio, bien a instancia de parte, previa solicitud cursada por las personas interesadas por vía electrónica.
Esta Orde entrará en vigor en seis meses, o 24 de agosto de 2021, co fin de finalizar as adaptacións informáticas que resulten necesarias para a aplicación das previsións no Rexistro Integrado e en sede electrónica.
Pode accederse á información detallada, con comparativa de valoración de méritos xerais da nova orde respecto da derrogada, no apartado de PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE O RÉXIME XURÍDICO DOS FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL da Dirección Xeral da Función Pública