O 16 de febreiro celebrouse o sexto debate dedicado a repensar o proceso selectivo. Este debate se enamrca no programa "Repensar a selección", que ten o propósito de xerar coñecemento transformador sobre a selección do emprego público mediante o debate de ideas. O programa é unha das medidas do Plan de Captación de Talento desenvolvido polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública.
O debate do pasado martes contou coa participación de:
- Manuel Villoria, Catedrático de Ciencia Política da Universidade Rei Juan Carlos, quen puxo de manifesto a necesidade de avaliar tamén as habilidades e as actitudes, ademais de identificar situacións reais dos postos e avaliar os comportamentos de éxito asociados.
- Concepción Campos Acuña, Secretaria de Administración Local, sinalou que desde o punto de vista da atracción do talento, hai que contar que fai a Administración, como desde a administración pódese mellorar a vida da cidadanía.
- Iván Gayarre Conde, Socio de Sagardoy Avogados, abordou a brecha xeracional entre quen están na Administración e quen veñen. ademais puxo o foco en que o uso da tecnoloxía será fundamental na Administracion do futuro.
- Luís Pedro Villameriel Presencio, Subdirector Técnico na Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, propón a modernización do proceso selectivo baseado na experiencia internacional.
- Fuencisla Gaiteiro Suárez, Xefa de Unidade do servizo de Xestión Económica da Agenica Estatal de Administración Tributaria, sinalou que se debería avanzar na incorporación doutros perfís profesionais, como os perfís STEM que son xa fundamentais no sector privado.
O debate estivo moderado por Verónica Puente Alcubilla, Vogal Asesora da Secretaria Xeral de Función Pública.
Os vídeos correspondentes a estes debates poden visualizarse na canle You Tube do INAP.