Novas actividades do Instituto Europeo de Administración pública (IEPA) para 2021

05/02/2021

O Instituto Europeo de Administración Pública (EIPA), ofrece novas actividades para 2021, as “Open conversations” concibidas como paneis de curta duración, abertos, gratuítos e con temas de actualidade no referente ás administracións públicas.

Os paneis son os seguintes:

  • Intergenerational Management inside public administrations (eipa.eu), que tivo lugar o 28 de xaneiro 2021
  • New Work – The modern working environment in public administration (eipa.eu), que terá lugar o 24 de febreiro de 2021. Nos últimos meses, moitas organizacións e administracións afastáronse dunha "cultura presencial" predominantemente cara a horarios de traballo e lugares de traballo máis flexibles, o que deu como resultado unha nova contorna de traballo, con novas formas de colaboración e comunicación.
  • Skills for a modern and dixital working environment (eipa.eu) , que se celebrará o 25 de Febreiro de 2021. Xunto con os desafíos actuais que expón a pandemia COVID-19, as empresas e a administración pública enfróntanse aos desafíos das 3D case simultaneamente: diversidade, demografía e dixitalización. A sociedade é cada vez máis diversa, do mesmo xeito que a forza de traballo. Promover a igualdade e a igualdade de oportunidades require unha xestión da diversidade profesional, co fin de atraer e promover as diversas e diferentes habilidades dos solicitantes e empregados, dando como resultado unha contorna de traballo moderno e dixital.

Estes talleres atópanse aliñados coa estratexia EUPAN 2019-2022 e en particular coa innovación na prestación de servizos dixitais; liderado ético e motivación aos empregados.