Nomeamento de funcionarios de carreira do Corpo de Letrados da Administración da Seguridade Social

18/01/2021

Por Resolución do 12 de xaneiro de 2021 da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública, publicada no Boletín Oficial do Estado do 15 de xaneiro, nomeáronse funcionarios de carreira, polo sistema xeral de acceso libre do Corpo Superior de Letrados da Administración da Seguridade Social.

As empregadas e empregados públicos que integran este corpo teñen encomendadas as funcións de asistencia xurídica da Administración da Seguridade Social, función que consiste no asesoramento xurídico, así como a representación e defensa en xuízo dos seus intereses, nos termos previstos na lexislación.

Cabe destacar, entre as súas funcións as contenciosas: A representación e defensa en xuízo da Administración da Seguridade Social ante calquera xurisdicións, españolas, da Unión Europea e do estranxeiro; a representación e defensa naqueles procedementos en que estea interesada a Seguridade Social, as súas autoridades, funcionarios e empregados, cando os procedementos se sigan por actos ou omisións relacionados co exercicio do seu cargo; as actuacións que se levan a cabo en cuestións de competencia e en conflitos de atribucións, entre outras.

Tamén, a función consultiva: A emisión de informes e demais funcións de asesoramento xurídico da Administración da Seguridade Social; informar as reclamacións previas ao exercicio de accións civís ou laborais en vía xudicial; asistencia a Mesas de contratación, así como outras funcións de asesoramento xurídico previstas na normativa vixente.

O proceso selectivo consta de fase de oposición, consistente na superación de cinco exercicios, todos eles eliminatorios: dous orais teóricos, dous escritos de carácter práctico e unha proba de idiomas. A segunda fase consiste nun curso selectivo co fin de combinar a especialización teórica da fase de oposición coa práctica forense en xeral.

Consulta a información completa nesta ligazón.