Nomeamento de funcionarios de carreira do Corpo Técnico de Xestión Catastral

04/12/2020

Por resolución do 24 de novembro de 2020, da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública, nomeáronse funcionarios de carreira do Corpo Técnico de Xestión Catastral.

O corpo Técnico de Xestión catastral ao servizo da Facenda Pública, é un corpo específico da Administración Xeral do Estado dependente do Ministerio de Facenda.

O catastro inmobiliario é un rexistro administrativo dependente do Ministerio de Facenda no que se describen os bens inmobles rústicos e urbanos e de características especiais. As empregadas e empregados públicos deste Corpo teñen encomendadas, entre outras funcións, a resolución de expedientes catastrais co fin de garantir a adecuada concordancia da descrición catastral dos bens inmobles coa realidade inmobiliaria.

Para formar parte do Corpo Técnico de Xestión Catastral, os aspirantes deberán estar en posesión ou en condicións de obter o título de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao, ao finalizar o prazo de presentación de instancias.

O temario consta dos seguintes bloques: Dereito Administrativo e Comunitario; Dereito Civil e Mercantil; Dereito Financeiro e Tributario e Xestión Catastral.

Os procesos selectivos constan dunha fase de oposición, de tres exercicios eliminatorios e duns cursos selectivo na Escola da Facenda Pública do Instituto de Estudos Fiscais.