Durante los días 28 de septiembre a 1 de octubre se celebrará el próximo Congreso Internacional de Transparencia y Acceso en modalidad on line.
Trátase dun encontro de profesionais para debater e intercambiar experiencias sobre a transparencia e a participación, a rendición de contas, a xestión pública responsable, a publicidade activa e ámbitos relacionados co Goberno Aberto e Bo Goberno. O Congreso presenta unha orientación multidisciplinar, aberto a diferentes enfoques do Dereito, a Ciencia Política, Archivística, Economía, Documentación e Comunicación, entre outras disciplinas.
Esta edición contará coa participación do Centro de Estudos de Partidos Políticos da UNED, do Grupo de Investigación, Regulación Xurídica e Participación do Cidadán Dixital da Universidade Complutense de Madrid, da Asociación de Profesionais e Investigadores da Transparencia (ACREDITRA) e a Plataforma en Defensa da Liberdade de Información (PDLI).
A Directora Xeral de Gobernación Pública, Mª Pía Junquera Cedo, participará o 29 de setembro co relatorio "Cara a un novo Plan de Goberno Aberto". O desenvolvemento do Congreso contará con sesións plenarias e grupos de traballo, cuxa información se pode consultar en www.congresotransparencia.com.