Convocada unha nova xornada de captación de talento no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos

18/09/2020

A Dirección Xeral da Función Pública está a desenvolver, desde o ano 2019, un programa de captación de talento, que garanta a incorporación de suficientes persoas no sector público para desenvolver con éxito os mellores servizos públicos.

Unha das estratexias para a “captación de talento” é achegar e dar a coñecer as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública. No marco deste proxecto organízanse xornadas en diferentes ámbitos como universidades, colexios profesionais e centros de educación, onde os relatores explican o emprego público como saída profesional.

Neste contexto, está prevista unha nova xornada que terá lugar o próximo 23 de setembro de 2020 de 9:30 a 11:30 horas, no Colexio de Enxeñeiros e Camiños, Canles e Portos, á que se pode acceder en https://zoom.us/j/97106482663

Contará coa participación dos seguintes relatores:

- Miguel Ángel Carrillo Suárez: Presidente do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

-Sonia Postigo Ímaz: Dirección Xeral da Función Pública.

-Rubén Amengual Matas: Escala de Titulados Superiores de OOAA do Ministerio de Industria e Enerxía.

-Virginia Losa Muñiz: Escala de Funcionarios de Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional.

Máis información sobre as xornadas aquí.