Os convenios que hoxe se publican no Boletín Oficial do Estado foron subscritos pola Ministra de Política Territorial e Función Pública o 12 de xuño, con representantes da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME); da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA); do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e da Cámara de Comercio de España co obxectivo de facilitar o labor de emprendedores e eliminar barreiras burocráticas.
O desenvolvemento destes convenios supón unha aposta das organizacións para impulsar propostas de simplificación de procedementos que levan aparellados unha redución das cargas administrativas e que afectan principalmente, pero non necesariamente ao colectivo ao que representan.
Estes convenios céntranse nos procedementos que afectan o sector enerxético, a economía circular e loita contra o cambio climático, fomento do traballo autónomo, procedemento administrativo común e as dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade e as súas familias.
Ademais, con estes convenios permitirase reducir a documentación que se solicita nos procedementos, mellorar a interconexión entre os diferentes departamentos, optimizar a información dispoñible nas webs de determinados organismos, facilitar o enchemento de formularios ou posibilitar a posta en marcha de campañas informativas sobre temas de interese xeral, para empresas e cidadáns.
Convenio Federación Nacional de Asociaciones de Trabajadores Autónomos( ATA)
Convenio Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI)