Óscar López anuncia que a estabilización do emprego público supera xa as 332.000 prazas

31/01/2025

• O ministro destaca a convocatoria de mil prazas de habilitados nacionais en marzo • López avanza a próxima presentación do Quinto Plan de Goberno Aberto

Madrid, 31 de xaneiro de 2025.- O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, actualizou as cifras do proceso de estabilización de emprego público, que xa alcanza as 332.613 prazas, superando o compromiso con Europa fixado no no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). “O sector docente e o sanitario, claves para soster o noso Estado do Benestar, son os que máis se beneficiaron deste proceso de estabilización”, subliñou López durante a súa intervención na Comisión de Función Pública do Senado para presentar as liñas xerais de actuación do seu departamento.

En materia de emprego público, o ministro tamén destacou a convocatoria de mil prazas de habilitados nacionais este mes de marzo: “Falamos de centos de secretarios, tesoureiros e interventores que se incorporarán a numerosos Concellos”, dixo López, que lembrou que nesta convocatoria, as Comunidades Autónomas que o soliciten poderán realizar nos seus territorios os procesos de selección, probas de acceso e curso selectivo destes funcionarios mediante a sinatura dun Convenio de colaboración coa Administración Xeral do Estado.

Goberno aberto

O ministro repasou o estado de situación do plan Consenso por unha Administración Aberta, un “acordo de país” que se desenvolve a partir dos eixos estratéxicos da transparencia, a participación pública e a rendición de contas; o investimento nas capacidades do sector público e a apertura á cidadanía. Tamén destacou que o Plan de Acción para a Democracia, que se aprobou hai catro meses, xa foi posto en marcha nun 30% dos seus contidos, con 5 iniciativas implementadas e 4 en avanzado nivel de desenvolvemento.

En canto á co-presidencia que ostenta España da Alianza para o Goberno Aberto, que culminará coa celebración do IX Cume para o Goberno Aberto na cidade de Vitoria o próximo mes de outubro, o ministro informou da reunión constitutiva do comité organizador deste evento internacional, que se produciu o pasado mércores. López explicou tamén aos senadores que durante o cume de Vitoria presentarase a Estratexia de Goberno Aberto de España, cuxo obxectivo é materializar as recomendacións da OCDE en transparencia, participación pública e rendición de contas, e que se segue avanzando na elaboración do Quinto Plan de Goberno Aberto, “que esperamos poder presentar pronto”.

Sobre a produción normativa para os próximos meses, o ministro lembrou o carácter pioneiro da Lei de Transparencia e Integridade das actividades dos Grupos de Interese, cuxo anteproxecto aprobou o pasado martes o Consello de Ministros e que “permitirá dar un gran paso adiante en materia de bo goberno e transparencia, equiparándonos coas democracias máis avanzadas da nosa contorna”. Tamén subliñou que o Goberno estudará o Anteproxecto de Lei de Administración Aberta no segundo semestre deste ano/este ano, que se aprobará unha nova Lei de Función Pública, e que nos próximos meses remitirase ao Consello de Ministros a Lei para a Transformación da Administración.