O Goberno de España lanza unha Manifestación de Interese para identificar proxectos innovadores e solventes no despregamento das tecnoloxías 5G e 6G
24/06/2021
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzou unha Manifestación de Interese para identificar e localizar proxectos de investigación e innovación solventes no ámbito do 5G e o 6G.
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzou unha Manifestación de Interese para identificar e localizar proxectos de investigación e innovación solventes no ámbito do 5G e o 6G.
Os proxectos deben estar aliñados coa axenda estratéxica europea de investigación e innovación do 5G e 6G, en particular coa Joint Undertaking on Smart Networks and Services da Unión Europea. Esta iniciativa ten como obxectivo que os países europeos desenvolvan capacidades de investigación e innovación no ámbito de 6G e para o despregamento de sistemas de 5G avanzado, fortalecendo as bases dos futuros servizos dixitais. Desta maneira aspira a fomentar a autonomía dixital de Europa no ámbito dos servizos dixitais avanzados.
A Manifestación de Interese vai dirixida a Universidades Públicas e Organismos Públicos de Investigación que participasen en programas internacionais de máximo nivel científico en tecnoloxía 5G, que deberán estar detallados na documentación presentada. Tamén deben especificar se permiten a colaboración público-privada, especialmente con pemes.
Las propostas deben recoller os beneficios previstos para o territorio onde se leve a cabo o proxecto e o impacto que terían para a creación de emprego directo e indirecto. Outros aspectos sobre os que se solicita información nas manifestacións de interese é se inclúe plans de atracción do talento tanto a nivel nacional como internacional e promoción dos Graos, Másteres e Doutoramentos relacionados coas Telecomunicacións. Así mesmo, as propostas deben incluír un Plan de fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Tanto o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia como a Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G inclúen entre os seus obxectivos liderar o despregamento tecnolóxico de 5G e impulsar o desenvolvemento de 6G en Europa, tanto en relación coas infraestruturas como no que respecta á innovación tecnolóxica en sectores tractores. O Plan de Recuperación ten previsto investir 1.500 millóns de euros no impulso da tecnoloxía 5G en España
Las manifestacións de interese poderán enviarse ata o día 9 de xullo de 2021 ás 23:59h. O texto completo da manifestación de interese atópase aquí.