O presente proxecto é unha das medidas contidas no Acordo de Consello de Ministros sobre actuacións urxentes en materia de ciberseguridade, do 25 de maio de 2021. O PRD polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade, pretende actualizar o vixente RD 3/2010, do 8 de xaneiro, para adaptar á nova realidade e ao incremento das ciberamenzas tanto cuantitativa como cualitativamente. O obxectivo desta reforma é garantir unha mellor resposta ante os ciberataques, así como mellorar a protección no tratamento de datos polo Sector Público e aquelas entidades do Sector Privado que colaboren con aquel, establecendo uns principios básicos e uns requisitos mínimos de seguridade e medidas de protección que deberán levarse a cabo.