El artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e o artigo 26.6 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno establecen que, sen prexuízo da consulta previa á redacción do texto da iniciativa, cando a norma afecte os dereitos ou intereses lexítimos das persoas, o centro directivo competente publicará o texto no portal web correspondente, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.
En aplicación de ambos os preceptos legais, iníciase o presente trámite de audiencia e de información pública sobre o Proxecto de Real Decreto polo que se regula a concesión directa de subvencións a fornecedores do servizo de comunicación audiovisual televisiva privados de ámbito estatal e autonómico, destinadas a compensar os custos derivados dos cambios a realizar nos equipos de transmisión para a súa adaptación ás novas frecuencias planificadas polo proceso de liberación da banda 700 MHz (segundo dividendo dixital), cuxo texto se publica igualmente neste portal web, de forma que os cidadáns afectados ou calquera outro suxeito, persoa ou entidade poida expor as súas opinións ou presentar os comentarios e documentos que estime oportuno.