Boletín de axudas, subvencións, bolsas e premios. Quincena do 13 ao 26 de marzo de 2024

13/03/2024

Xa está publicado no Punto de Acceso Xeral, o Boletín de subvencións, bolsas e premios correspondente á quincena comprendida entre o 13 e o 26 de marzo de 2024, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Ligazón ao Boletín.

Nesta ocasión, destacar, entre outras:

  • Resolución do 19 de febreiro de 2024 do Instituto Cervantes pola que se convocan 5 bolsas de formación e 1 bolsa de investigación do Instituto Cervantes, con prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de marzo de 2024.
  • Resolución do 7 de marzo de 2024 do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (F.S.P.) pola que se convocan as axudas do Programa Cicerone 2024 - Prácticas de laboratorio no CNIC para estudantes de universidade durante os meses de verán, con prazo de presentación de solicitudes ata o 5 de abril de 2024.

Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí.