Boletín de axudas, subvencións, bolsas e premios. Quincena do 22 de novembro ao 5 de decembro de 2023

22/11/2023

Xa está publicado no Punto de Acceso Xeral, o Boletín de subvencións, bolsas e premios correspondente á quincena comprendida entre o 22 de novembro e o 5 de decembro de 2023, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio de Facenda e Función Pública. Ligazón ao Boletín.

No este Boletín atopamos, entre outras:

- Orde do 27 de outubro de 2023, pola que se convoca o Premio "Alimentos de España Mellores Aceites de Oliva Virxe Extra, campaña 2023-2024". Ata o 5 de decembro de 2023.

- Resolución de 3 de noviembre de 2023 del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, por la que se convocan Becas de investigación, coordinación-formación y formación en materias y actividades competencia de este organismo para el periodo 2024.

- Orde do 10 de novembro de 2023 pola que se convoca, por tramitación anticipada, a concesión de dúas Bolsas Fullbright para o curso 2024/2025. Ata o 14 de decembro de 2023.

- Resolución do 14 de novembro de 2023 da Secretaría de Estado de Enerxía pola que se aproba a convocatoria para a concesión de axudas en 2024 á prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minaría autóctona e sustentable. Ata o 18 de decembro de 2023.

Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí.