O vídeo da canle de #Talento Público desta semana dános a coñecer a CASA MEDITERRÁNEO da man de varios responsables en distintos ámbitos de actuación deste consorcio público, como Javier González, responsable de Loxística, María Gómez, responsable de Comunicación e Protocolo; Francisco Alcaraz, responsable de Proxectos, María Gilabert, responsable da Revista Dixital; Miguel Santatecla, responsable Economico-Orzamentario e Paqui Santonja, Asesora Principal á Dirección.
CASA MEDITERRÁNEO é un consorcio público integrado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (MAUEC), a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a Generalitat Valenciana, o Concello de Alacante, o Concello de Benidorm e a Deputación de Alacante. Fundada en 2009.
Configúrase como un instrumento de diplomacia pública cuxo obxectivo fundamental consiste no fomento do coñecemento mutuo e o achegamento entre España e o resto dos países da bacía mediterránea, en áreas tan diversas como a cultura, a economía, o cambio climático, a igualdade de xénero ou a innovación científica e tecnolóxica.
Ten a súa sede en Alacante, cidade que tanto pola súa localización como polos seus vínculos históricos, económicos, culturais e sociais está estreitamente relacionada con países do Mediterráneo. Casa Mediterráneo forma parte da Rede de Casas do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, xunto con Casa América, Casa Asia, Casa África, Casa Árabe e o Centro Sefarad-Israel. Máis información
Ligazón a todos os vídeos da canle #Talento Público.