O vídeo desta semana da canle #Talento Público preséntanos a Carlos Pérez García Pando, profesor ICREA e tamén AXA no BSC. Traballa no Barcelona Supercomputing Center (Centro Nacional de Supercomputación) e investiga sobre temas de calidade do aire e clima.
O seu interese no campo da investigación comezou por que lle gustaba moito a física. Na actualidade traballa en distintos proxectos como a obtención do proxecto europeo ERC, tamén coa NASA enviando un espectrómetro á Estación Espacial Internacional.
Carlos afirma que cando che queres dedicar á investigación o sector público é un dos que mais oportunidades ofrece, ademais de ser a mellor opción sobre todo para os que se queren dedicar á investigación fundamental, xa que nese caso, o sector público a nivel de Europa e España é un dos mais potentes.
Coñece o Barcelona Supercomputing Center.