Desde o pasado 25 de abril e ata o próximo 31 de outubro de 2023, está aberto o prazo para presentar as solicitudes de bolsas de estudo para Mutualistas de MUFACE correspondentes ao curso 2022-2023, cuxa contía máxima ascende a 275 euros.
A presentación de solicitudes e documentación justificativa realizarase exclusivamente a través da sede electrónica de MUFACE, estando dispoñible para certificado electrónico, DNI electrónico ou identificación Cl@ave.
Existe a posibilidade de obter bolsa no caso de estudos cursados integramente no exercicio 2022 e cuxa data de finalización fose posterior ao 31 de outubro do este ano.
Tamén ata o 31 de outubro de 2023 pódense presentar solicitudes de bolsas con cargo ao "Legado Casado da Fonte" para cursar Enxeñaría Agronómica Superior ou Grao equivalente en Escolas Ténicas Superiores de enxeñeiros agrónomos para o curso 2023/2024.
Estas bolsas están destinadas a descendentes ou orfos e orfas de persoas mutualistas que exerzan ou exercesen como profesorado de Primaria en medios rurais.
A convocatoria comprende catro bolsas cuxa contía é de 221,25 euros cada unha.
Ligazón á noticia.