Esta Guía pretende converterse nunha ferramenta práctica e útil para comprender as nocións fundamentais do que é unha Administración Aberta, obtendo ideas prácticas para a implementación de proxectos de apertura e innovación nas institucións públicas, mediante a transparencia, a participación e colaboración coa cidadanía. Trátase dunha proposta para avanzar na sensibilización nos principios e valores da Administración Aberta, como elemento básico para seguir promovendo a súa difusión social, así como a súa institucionalización e consolidación formal dentro do sector público. Acceso á guía.
Ademais, están publicados outros materiais para a divulgación do Goberno Aberto, talles como as guía educativas, que se presentan en modalidade accesible e de lectura fácil para que poidan lelas e comprendelas aquelas persoas con dificultades lectoras e/ou de comprensión
Accede a todas guías e material para a divulgación do Goberno aberto nesta ligazón.