MUFACE abre o prazo de solicitude de axudas dentarias e oculares en marzo. De interese para mutualistas en situación de xubilación ou de carácter voluntario

28/02/2023

Durante o próximo mes de marzo, o colectivo mutualista en situación de xubilación e outros colectivos (mutualistas voluntarios e persoas beneficiarias a título propio) poden presentar solicitudes de axudas dentarias e oculares a través de distintas vías non electrónicas, sendo unha excepción á regra que rexe para mutualistas en activo, obrigados á presentación electrónica das estas solicitudes.

Os colectivos citados poden tramitar as súas solicitudes a través do correo postal, da sede electrónica de MUFACE, utilizando a APP para dispositivos móbiles e outros rexistros, segundo o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Preservar a canle convencional para as persoas en situación de xubilación e outras que poden estar en situación de fenda dixital é conforme coa política de diversificación de canles da Mutualidade e de facilitar as súas xestións a todos e todas.

Máis información