O vídeo desta semana de #Talento Público preséntanos, grazas a Tobías e Peggy, á Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP), fundación do sector público que xestiona proxectos de cooperación internacional no marco da Axenda 2030.
Presente en máis de 100 países, acompaña ás institucións e paises socios en procesos de reforma de políticas públicas, baseando o seu traballo no intercambio de coñecementos, a aprendizaxe entre pares e entre Administracións públicas homólogas de diferentes países.
A actuación da FIIAPP enmárcase na política exterior española e apoia a actividade internacional da Administración Pública. Anímache e coñece máis sobre a FIIAPP.
Acceso ao vídeo.
Ligazón á canle #Talento Público.