Novo número da Revista de MUFACE

16/02/2023

A revista MUFACE volve estar a disposición dos seus lectores tras uns meses nos que non puido publicarse, polo que corresponde ao inverno 2022-2023.

Esta publicación (co número 253) inclúe, entre outras noticias, unha entrevista á Secretaria de Estado de Función Pública, Lidia Sánchez, e leva como tema principal o acordo marco asinado entre Goberno e Sindicatos para unha Administración do século XXI; tamén analiza a expansión do Instituto Cervantes en tres continentes; dános a coñecer a futura dixitalización en 3-D dos bisontes de Altamira e penétranos no problema do Covid persistente.

Máis información