O Boletín de emprego público e de probas de capacitación profesional da semana comprendida entre o 1 e o 7 de febreiro informa, no ámbito nacional, das distintas convocatorias publicadas o pasado venres 27 de xaneiro sobre os procesos selectivos para o ingreso, o acceso e a estabilización do emprego temporal en distintos Corpos e Escalas da Administración do Estado, entre outras, as do Corpo de Xestión de sistemas e Informática da Administración do Estado (600 prazas de promoción interna e 840 de ingreso libre), as 4652 prazas de ingreso libre para o Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado ou as 1902 prazas, tamén de ingreso libre, para o Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática da Administración do Estado.
Ademais do anterior, o citado Boletín faise eco doutras convocatorias no ámbito autonómico e local.
Acceso ao Boletín.
Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.