Vídeo #Talento Público. Diego Calatayud. Diplomático de Carreira

27/01/2023

O vídeo desta semana de #Talento Público achéganos ao mundo diplomático a través de Diego Calatayud, Diplomático de Carreira no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e de Cooperación de España, destinado en Harare (Zimbabue), onde ocupa a Segunda Xefatura na Embaixada de España ante as Repúblicas de Zimbabue, Zambia e Malawi, o que lle dá a oportunidade de coñecer e participar en todos os ámbitos propios da Embaixada no exterior e na execución interna dos asuntos que afectan á mesma, traballo moi completo que lle permite ter unha visión moi ampla da Administración exterior en todas as súas esferas.

Diego destaca a posibilidade de poder participar nunha Administración que ten como obxectivo velar polos intereses da totalidade de españois, dentro e fóra das nosas fronteiras e facer cun conxunto de compañeiros expertos nos seus respectivos ámbitos e con vocación de salvagardar o interese público, polo que anima a opositar á Carreira Diplomática.

Ligazón ao vídeo.