Correos convoca un concurso-oposición para cubrir 7.757 postos de traballo como persoal laboral fixo

17/01/2023

Correos convocou un concurso-oposición para cubrir un total de 7.757 postos de traballo como pesonal laboral fixo, con prazo de inscrición ata o 21 de xaneiro de 2023.

Fixáronse dúas probas diferentes, segundo o posto de traballo ao que se aspire: Reparto / Axente de Clasificación e Atención ao Cliente/a. En ambos os casos consistirá na realización dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, nun tempo máximo de 110 minutos e unha valoración de ata 60 puntos e dunha fase de concurso, cun máximo de 40 puntos, valorándose aspectos como cursos de formación, idiomas, antigüidade en Correos, etc.

Esta Sociedade mercantil Estatal ofrece gratuitamente o contido do temario a través da súa páxina web, debendo terse en conta que non se trata dun manual oficial, senón que ten carácter meramente enunciativo e non limitativo das fontes oficiais de información sobre as que o aspirante pode servirse para elaborar materiais de estudo a título particular.

Máis información

Acceso á páxina web de Correos.