Aprendizaxe e perfeccionamento do idioma Inglés (Nivel A1-C1)

10/01/2023

Ata o próximo día 12 de xaneiro, é posible inscribirse na formación o idioma inglés (nivel A1-C1).

Esta actividade desenvolverase en liña tutorizada desde o 6 de febreiro ao 3 de marzo de 2023 e conta con 17.500 prazas dispoñibles, sendo os obxectivos a conseguir os establecidos no Marco Común Europeo de Referencia das Linguas por cada un dos niveis.

En cada nivel de coñecemento os contidos e actividades están diferenciados por destrezas de expresión e compresión tanto escrita como oral. Ademais, é preciso dispor de equipamento informático con cámara , audio e micrófono, sendo obrigatoria a realización do 80% dos contidos, a entrega de tres exercicios de redacción escrita e a asistencia a 6 clases grupales dunha hora de duración que se realizarán por videoconferencia.

Máis información e inscrición.