Boletín de Ofertas de emprego público e de probas de capacitación profesional. Semana do 28 de decembro de 2022 ao 3 de xaneiro de 2023

02/01/2023

O último Boletín de ofertas de emprego público e de probas de capacitación profesional do ano, fai referencia a múltiples convocatorias para distintos corpos e escalas da Administración Xeral do Estado, talles como as 43 prazas por vía libre e as 9 por promoción interna para o Corpo de Enxeñeiros de montes do Estado ou as 25 prazas para Enxeñeiros de Minas do Estado promovidas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como as convocadas por Comunidades Autónomas e entidades Locais. Ligazón ao Boletín.

Ademais, o BOE do 29 de decembro publicou a convocaoria de 54 prazas por acceso libre e 12 por promoción interna na Escala de Técnicos Facultativos Superiores de Organismos Autónomos do Ministerio de Medio Ambiente, así como outras 111 prazas de acceso libre e 18 de promoción interna para a Escala de Titulados de Escolas Técnicas de Grao Medio, tamén do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Pola súa banda, o Ministerio de Traballo e Economía Social publicou nos Boletíns Oficiais do Estado dos días 30 e 31 de decembro, a convocatoria de 146 plazs para o Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social e 1244 prazas de promoción interna para o Corpo Administrativo da Administración da Seguridade Social, respectivamente.

Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.