Para finalizar o ano 2022, a canle de Youtube #Talento Público do Ministerio de Facenda e Función Pública publicou dous últimos vídeos.
No primeiro deles, Laura Gómez, Tenente Coronela da Garda Civil dános a oportunidade de coñecer o amplo abanico de posibilidades que o citado corpo ofrece e que permite o desenvolvemento persoal e profesional das persoas que forman parte do seu colectivo, convertendo en moitas ocasións as afeccións e hobbies nunha profesión. Destaca ademais que este persoal é o activo máis valioso co que conta a Garda Civil. Accede ao vídeo.
No segundo, Mª Jesús Montero, Ministra de Facenda e Función Pública, felicita as festas e desexa un bo ano 2023, á vez que destaca o gran traballo realizado polos empregados e as empregadas públicas, colectivo imprescindible nun paìs moderno como o noso. Ademais anima a quen se expoñen iniciar unha carreira profesional na Administración Púbica, a pór o seu talento e as súas capacidades ao servizo dos cidadáns e cidadás, entrando a formar parte do grupo de traballadores e traballadoras con vocación de axudar e de servir. Accede ao vídeo.
Entra na canle de Youtube #Talento Público