Atópase publicado no Punto de Acceso Xeral. Emprego Público, o Boletín semanal de emprego público e probas de capacitación profesional para o período do 14 ao 20 de decembro. Acceder aquí.
No ámbito Internacional, destacar a convocatoria de varias prazas de persoal laboral, en diferentes categorías, para o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; para o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Eurpea e Cooperación e o Instituto Cervantes.
No ámbito nacional, chamar a atención sobre a convocatoria para persoal funcionario de 71 prazas para Titulados Superiores do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (Ministerio de Traballo e Economía Social), 122 prazas de Farmacéuticos Titulares, 165 prazas de Médicos Titulares e 51 prazas de Xestión de Organismos Autónomos, Especialidade de Sanidade e Consumo (Ministerio de Sanidade), ademais doutras prazas para persoal laboral e funcionario nos ámbitos das Comunidades Autónomas e Administracións Locais.
Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.