A través desta ligazón, accédese ao Boletín quincenal de Axudas, Subvencións, Bolsas e Premios correspondente ao período comprendido entre o 7 e o 20 de decembro de 2022, no que se recollen as convocatorias publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais das CCAA, extraídas da base de datos do Centro de Información Administrativa do Ministerio de Facenda e Función Pública.
Os datos publicados no Boletín teñen carácter informativo, polo que é conveniente consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Ademais de consultar a información no portal web, tamén se pode recibir información sobre axudas, subvencións, bolsas e premios, mediante a subscrición ás notificacións de novas axudas, subscribíndose ao boletín quincenal ou a través da descarga dunha aplicación móbil. Máis información aquí