Boletín de Emprego Público. Semana do 7 ao 13 de decembro de 2022

09/12/2022

Desde o pasado 7 de decembro atópase publicado no Punto de Acceso Xeral da Administración Pública, o Boletín de Emprego Público correspondente á semana do 7 ao 13 de decembro. Ligazón aqui.

Destacar, ademais doutras, a publicación de varias convocatorias para persoal funcionario en ámbito nacional para o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (27 prazas de Enxeñeiros Geógrafos; para o Corpo Superor de Especialistas en Transportes, Infraestruturas e Seguridade dos OOAA e as Axencias Estatais do MITMA, 12 prazas en especialidade de Transporte, mobilidade e infraestruturas, 23 para a especialidade de Seguridade no Transporte Aéreo e 6 para a espcielidad de Seguridade e Interoperabilidade ferroviaria; do Ministerio de Traballo e Economía Social, 128 prazas de Subinspectores laborais escala de Seguridade e Saúde Laboral; ademais de lembrar que segue aberta a convocatoria do Ministerio do Interior para distintos postos na Policía Nacional.

Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.