Boletín de ofertas de emprego público e de probas de capacitación profesional. Semana do 30 de novembro ao 6 de decembro

30/11/2022

Atópase publicado o Boletín semanal de ofertas de emprego público e de probas de capacitación profesional correspondente ao período comprendido entre o 30 de novembro e o 6 de decembro de 2022. Accede aquí.

Entre as convocatorias publicadas, destacar os procesos de selección para persoal funcionario do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, de 27 prazas para Enxeñeiros Geógrafos (A1) e 52 prazas para Enxeñeiros Técnicos en Topografía (A2), ademais de 150 prazas de Inspector, escala Executiva do Corpo Nacional de Policía (Ministerio do Interior).

No ámbito Internacional, mencionar a convocatoria dunha praza para persoal laboral de Auxiliar de apoio administrativo no Instituto Cervantes de Pequín, así como outras prazas para persoal laboral e funcionario nos ámbitos das Comunidades Autónomas e Administracións Locais.

Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.

Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.