O Boletín de ofertas de emprego público e de probas de capacitación profesional desta semana xa está publicado. Acceda aquí
No mesmo destácase, no ámbito Nacional, a convocatoria do Ministerio do Interior de 491 prazas de promoción interna e 1965 prazas de ingreso libre para Policía - Escala Básica - Corpo Nacional de Policía (persoal funcionario) con prazo de presentación de ofertas ata o 13 de decembro de 2022. Tamén destacar, entre outras, a convocatoria do Ministerio de Educación e Formación Profesional de 57 prazas para profesores de educación secundaria e 15 prazas de mestres con destino en Ceuta e Melilla.
No ámbito Internacional, mencionar, entre outras, a convocatoria de varias prazas (bolsa de emprego) de Asistente de protección e seguridade, ademais doutras prazas para persoal laboral e funcionario nos ámbitos das Comunidades Autónomas e Administracións Locais.
Os datos recollidos teñen carácter informativo, polo que se recomenda consultar as bases na publicación oficial correspondente.
Acceda á App de emprego público, na que atopará información sobre as previsións de incorporación de novos recursos humanos que ten a Administración Pública. Ligazón para descarga da aplicación.