Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional

15/11/2022

A Subdirección de Formación Local, para dar cumprimento ao disposto no Real Decreto 407/2022, de 24 maio procedeu o pasado 11 de novembro á publicación no Boletín Oficial do Estado de varios procesos selectivos (acceso libre e promoción interna) para distintas subescalas: Secretaría-Intervención, a de Secretaría, categoría de entrada, a subescala Intervención-Tesouraría, categoría de entrada, a subescala Secretaría, categoría de entrada (promoción interna) e a subescala Intervención-Tesouraría, categoría de entrada (promoción interna).

En total, estamos ante 5 procesos selectivos nos que se convocan 1.438 prazas, 968 de ingreso libre e 470 de promoción interna.

Con esta convocatoria dáse cumprimento ás previsións da oferta de Emprego Público 2022 que permite a acumulación de convocatorias, introducindo ademais determinadas medidas para facer máis atractivo o proceso selectivo.

Máis información aquí