O pasado 4 de novembro, o Ministerio de Facenda e Función Pública actualizou e publicou na súa páxina web a información relativa ás percepcións dos cargos electos das Corporacións Locais (8.128 concellos e 52 deputacións, consellos e cabidos insulares) correspondentes a 2021.
Os documentos tamén recollen uns cadros coas retribucións dos funcionarios das Entidades Locais por tramos de percepcións. Tamén figuran as retribucións dos funcionarios das Comunidades Autónomas e os seus altos cargos.
Os datos proceden do sistema de Información Salarial Postos da Administración (ISPA), xestionado pola Secretaría de Estado de Función Pública.
Acceda á Nota de Prensa