VII Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto

27/09/2022

Mañá arrinca o VII Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto, que se celebra na Universidade Politécnica de Cartaxena entre os días 28 e 30 de setembro de 2022.

Como en anos anteriores, esta reunión internacional volverá celebrarse na modalidade dual, presencial e en liña, centrando a súa atención, entre outras cuestións, no intercambio de experiencias profesionais e reflexións académicas sobre a transparencia e materias afíns como a participación, o desenvolvemento do Goberno Aberto, a rendición de contas, a xestión pública responsable, a regulación dos lobbys, a loita contra a corrupción, e a integridade pública.

Con máis de 700 inscricións, 150 relatorios e 24 grupos de traballo, espérase que o VII edición renove o éxito de edicións anteriores.

Máis información.