O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe a Resolución do 13 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican as bases de concurso ordinario e convocatorias específicas para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
Ofrécense neste concurso un total de 194 postos vacantes reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas e cuxos presidentes efectuaron convocatoria de concurso.
Así mesmo, tamén foi obxecto de publicación no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 13 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a relación individualizada de méritos xerais do persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
Máis información nesta ligazón.