MUFACE programou distintos eventos e talleres para dar a coñecer a súa xestión e orientar ao colectivo no marco da Semana de Administración Aberta 2022.
Os servizos centrais e provinciais de MUFACE programaron distintos eventos para a Semana da Administración Aberta que se vai a celebrar entre o 27 de xuño e o 1 de xullo. Trátase dunha iniciativa impulsada mundialmente pola Alianza para o Goberno Aberto ( Open Gov Week ). O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Os eventos programados por MUFACE pretenden dar a coñecer a Mutualidade como organismo público que xestiona un Réxime Especial da Seguridade Social mediante a divulgación de contidos específicios relacionados co seu labor diario de servizo a mutualistas. Por unha banda, difúndese a súa contribución ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, nun webinar impartido desde os servizos centrais da Mutualidade o próximo 28 de xuño; e por outra, poranse en marcha talleres prácticos para difundir a transformación dixital así como as ferramentas que axilizan a xestión, como a Plataforma CEPIT (Incapacidade Temporal).
Sobre esta base e cunha finalidade eminentemente prácitca, de asistencia e orientación positiva e información ao colectivo mutualista, os servizos centrais e distintos servizos provinciais da Mutualidade programaron unha serie de eventos que poden consultarse nesta ligazón.