A Semana da Administración Aberta é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que en 2022 vaise a celebrar do 16 ao 20 de maio. O seu obxectivo principal é achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios do Goberno Aberto: transparencia, rendición de contas, participación cidadá, integridade pública e colaboración.
Para a Semana da Administración Aberta 2022, considérase oportuno pór o foco en eventos de carácter virtual ou semipresencial, tendo en conta tanto as circunstancias sanitarias como o gran potencial que teñen estes formatos na difusión de contidos innovadores e a gran escala.
Celebraranse distintos tipos de eventos como:
- Presentación de plans/programas
- Procesos participativos (lanzamento de consultas ou outros procesos)
- Entrevistas
- Webinars / Seminarios
- Debates / Coloquios
- Presentación de publicacións, campañas de publicidade, contidos virtuais (sitio web, aplicacións, etc.)
- Concursos / Hackathon
- Xornadas de portas abertas
Atópase aberta a inscrición de eventos para organismos e entidades a través deste formulario.
En España, a Semana da Administración Aberta é coordinada e impulsada pola Dirección Xeral de Gobernación Pública, coa colaboración do Foro de Goberno Aberto.